martes, 7 de mayo de 2013

RECICLANDO

Os alumnos e alumnas de 2º da ESO realizaron unha serie de actividades relacionadas cos RESIDUOS que se xeran nos nosos fogares cando imos á compra e os diferentes colectores que hai nas proximidades dos domicilios do alumnado.
A primeira actividade chámase "Revisando o barrio" e consiste en realizar un esquema das rúas que hai en torno ás súas casas e situar no plano cada un dos elementos relacionados cos residuos que atopen.
A segunda actividade chámase "Consumimos residuos"; para realizar esta actividade os alumnos teñen que acompañar aos seus pais a facer a compra. Ao chegar á casa e sacar as cousas das bolsas teñen que anotar os residuos xerados ao chegar á casa e outros residuos que se xerarán no momento do seu consumo. 


jueves, 2 de mayo de 2013

GERIATROS

O 23 de abril os alumnos de 2º da ESO visitaron a residencia para persoas maiores Geriatros. O motivo foi a celebración do seu terceiro aniversario. A animadora do centro preparou unha gynkana con diferentes actividades que realizaron os residentes conxuntamente cos nosos alumnos. Foi unha experiencia moi divertida e enriquecedora que esperamos repetir!!!!!!

martes, 16 de abril de 2013

DÍA DA PRENSA

O día 21 de marzo celebramos o día da prensa, no que por parellas elaboramos un xornal de noticias curiosas.